Skip to content

Sentido

    Meditación e movemento

    A viaxe,
    ese camiño que emprendemos para perdernos… e volver a atoparnos.

    O eterno retorno a casa, polos laberintos do ventre,
    da fascia
    do sangue,
    da carne…

    Dende o inicio somos sensación,

    sensación conectada á Unidade,

    logo do Un nace o dous, o tres

    e as múltiples formas.

    Medrando imos separándonos,

    damos nome, dividímonos,

    multiplicámonos,

    fixamos maneiras e crenzas,

    volvémonos pequenos.

    Pola sensación emprendemos

    o camiño de regreso a casa:

    a certeza de formar parte do Todo

    e ser amados polo Un.

    Un espazo aberto a indagar na conciencia a través do corpo, en interrelación cos outros e co mundo. Apoiándonos nos principios da biodinámica e o bodyweather.

    Niste obradoiro de dous días teremos a oportunidade de explorar, en un fermoso entorno natural, o noso corpo e os outros lugares desde o que podemos habitalo.

    20 e 21 de Abril 2024

    De 10:00 a 18:00

    PONTE CALDELAS (PONTEVEDRA)

    (Envíase ubicación unha vez feita a reserva)

    Prezo do obradoiro 120 ?

    Máis info ou calquer dúbida contactade aquí: +34 688962444.

    Hai estudos (cama doble, cociña e baño) e apartamentos (cama doble + sofa cama + cama individual) para alugar a 2km. Podédes velos na web 4soles.net 

    Faise prezo especial para o obradoiro:

    Estudo Kamala, Iris, Dea Dana (Dúas persoas en cama extra grande) 50?/noite

    Apartamento Amaterasu (Catro persoas: una cama extra grande, un sofá cama e unha cama individual en altillo) 100?/noite.

    Para organizar á comida, pensamos que podemos traer para compartir e comer xuntas na mesma casiña.

    INGREDIENTES

    Escoita meditativa

    a atención ó momento presente como base e fundamento de toda a práctica.

    Traballo corporal

    entrenamento M&B (mind and body, muscles and bones)

    Exploración sensorial

    explorar a propia sensibilidade, recoñecer patróns de percepción, recuperar espacios adormecidos ou esquecidos, descubrir novos lugares e perspectivas, o outro e a paisaxe como movilizadores do mundo interno

    Do espacio sensible ó espacio creativo como progresión natural

    descubrirnos na expresión que xurde espontánea cando o corpo se entrega ó impulso da vida que o atravesa.

    Manipulación bodyweather/sesión biodinámica

    acompañar ó corpo do outro hacia un lugar de reparación, apertura e descanso.

    Historiadora da Arte e instructora de Ioga. Leva 25 anos traballando co corpo a través de diversas disciplinas que o contemplan dende a súa globalidade (Ioga, Tai Chi, meditación, bodyweather, morfoanálise, biodinámica, etc.), conectando o creativo e o terapéutico.

    Achegóuse ó bodyweather a través de Hisako Horikawa e Andrés Corchero e á biodinámica con Kiril Yurievich Yarhó.

    Español